A Contar Ovellas (en Gallego)

Óscar Villán Seoane,Elvira María Pérez Fernández · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

Xan non pode durmir sen contos. Súa nai xa non llos quere contar, e mándalle que conte ovellas, pero, entre as ovellas que van e veñen, o neno consigue que a voz dun misterioso ser brillante lle cumpra o seu desexo e lle conte os relatos máis fermosos: a historia da lúa chea, a do misterioso mar das sete ondas, a dos amores do señor Matías...A contar ovellas é un libro onde a fantasía e a imaxinación se alían nuns contos magníficos, de gran orixinalidade e beleza. Uns relatos tenros e cheos de humor, que teñen a virtude de sorprendernos e engaiolarnos.A autora de A contar ovellas, Elvira Pérez, mestra de educación primaria, formou parte do colectivo Zigue-Zague, co que publicou Patalata en 1990. A contar ovellas é o seu primeiro libro dentro da colección Merlín.O ilustrador de A contar ovellas, Óscar Villán, foi Premio Nacional de Ilustración en 1999 con O coelliño branco. Outros dos seus títulos foron: A cebra Camila, Mitos de fin de Siglo e Os dous xorobados. A contar ovellas é o seu primeiro traballo para Edicións Xerais de Galicia.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes