a historia da buguina (en Gallego)

joaquín agulla pizcueta · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

no século xvii, as rotas do comercio marítimo que cruzan o mar mediterráneo sofren os ataques dos piratas. un barco italiano que leva uns valiosos gravados recibe o asalto de schiller, un famoso pirata, que rouba toda a mercancía, gravados incluídos.os italianos mandan un nobre aventureiro, boticheli, para que recupere os gravados. este chega a túnez, onde ten o seu refuxio o pirata schiller. unha noite, nunha pousada, recibe unha estraña noticia, relativa á existencia dunha buguina máxica, na que se poden escoita-las conversas que se mantiveran anteriormente no lugar onde estivese a estraña cuncha.pero esa buguina está en propiedade de schiller. mediante enganos, boticheli consegue facerse con ela, e así saber a quen lle vendeu os gravados o pirata. unha vez coñecido o dono dos mesmos, boticheli consegue recuperalos e fuxir con eles de volta a italia.pero a súa viaxe estará chea de atrancos. boticheli deberá atravesa-lo deserto e pasar moitas penalidades no seu accidentado camiño de volta. de tódolos atrancos irá saíndo con ben, gracias á súa astucia e ás propiedades máxicas da buguina, que el sabe aproveitar moi ben.finalmente, chega a florencia, o seu punto de destino, onde devolve os gravados ó seu dono, un rico comerciante. este quere mercarlle a buguina máxica, pero boticheli prefire botala ó mar para evitar que caese en malas mans e a utilizasen noutros mesteres que non fosen os de levar a bo termo boas empresas .

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes