a princesa lúa e o enigma de kian (en Gallego)

palmira gonzález boullosa · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

a historia que se nos conta neste libro desenvólvese nunha galicia mítica e comeza presentándonos ó reí artús, que ten o seu fogar preto da lagoa de antela. anda sempre en batallas, polo que a raíña enferma de tristura. como os médicos din que só a salvará o amor máis grande do mundo , deciden ter unha filla, á que lle poñen o nome de lúa.pero a raíña morre, e a princesa queda ó coidado da dama rovena, unha muller da corte, viúva dun famoso guerreiro, e a quen as fadas da lagoa de antela lle roubaran anos atrás o seu fillo brandón.kian, un bardo, dille un estraño enigma, no que se fala dunha lúa que liberará ó seu fillo brandón. e dama rovena vai educando á princesa cuns criterios diferentes ós tradicionais, fuxindo da formación que se lle adoitaba dar ás nenas.cando lúa cumpre os trece anos, tenta resolve-lo enigma do bardo kian. decátase de que ela é a lúa da que se fala no raro enigma, de maneira que terá que levar a cabo tódalas probas que nel se din, se quere liberar ó mozo brandón, do que está secretamente namorada, incluso sen coñecelo.a princesa lúa emprende a viaxe e vai pasando por numerosas aventuras, nas que ten que resolve-los máis difíciles atrancos. pero a rapaza acaba por chegar á lagoa, vence-lo poder das fadas e destruí-lo maleficio que mantiña preso ó seu namorado, liberando así ó mozo brandón, co que finalmente casa.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes