Arbores no Camiño

Vv.Aa. · Oqo Editora

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: via arbustos, años e cabras; pero non podia ver a sua nai. A Karim fixoselle un no na gorxa, e polas suas meixelas esvararon duas bagoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabia volver. A historia trasladanos a facilidade coa que un neno pode perderse apenas se separa da man dos pais. Noutros casos, o pequeno atopa territorio hostil ou tenebroso; aqui , a nai natureza protexe e coida a Karim como un mais dos seus fillos. Regine RaymondGarcia escribiu esta historia ao volver dunha viaxe a Burkina Faso, fascinada pola consideracion dos seus habitantes pola arbore vermella e polo baobab, pola sua alegria de vivir a pesar das dificultades, e por sacar proveito da natureza dun modo intelixente. Pero este conto non se centra so no amparo que a naturezanai ofrece ao home; tamen avisa da necesaria reciprocidade por parte do ser humano, que debe exercer a mesma proteccion e respecto sobre o ecosistema, para garantir a sua sustentabilidade. Para a ilustradora, Vanina Starkoff, foi tamen como facer unha viaxe por Burkina Faso, as suas imaxes e a sua musica, para mergullarse nesas marabillosas terras africanas, traballando cunha paleta de cores saturadas, brillantes e alegres, acrilicos sobre papel, con algunhas texturas e os debuxos dixitais, segundo o estado de animo e as emocions polas que atravesaba Karim: amarelo e vermello para escenas onde se sente protexido, turquesas cando se sente perdido

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes