arqueofaxia (en Gallego)

manuel lourenzo · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

arqueofaxia é desas obras que atrapan ó lector desde as primeiras liñas e que obrigan a continuar a súa lectura ata a palabra derradeira. novela de carácter coral, na que se entrecruzan as vidas dun amplo número de personaxes, desenvólvese nunha polifonía narrativa, de modo que o lector, coma se traballase coas pezas desordenadas dun puzzle irá coñecendo pouco a pouco as claves necesarias para darlle un sentido cabal ó conxunto.arqueofaxia é a crónica dunha destrucción ou de múltiples destruccións entretecidas. a medio camiño entre a novela e o libro de relatos.o argumento principal de arqueofaxia aborda as peripecias dun grupo de persoas moi diferentes entre si, organizadas baixo unhas siglas, que loitan dun xeito particular, violento e primitivo, contra o que senten como inxustizas sociais. nárrase sobre todo unha das accións guerrilleiras, a sostida contra unha poderosa empresa farmacéutica co fondo dunha terríbel enfermidade que dezma a poboación. arqueofaxia debe salientarse tamén a acertada confluencia de tenrura e violencia, de intenso lirismo e realismo descarnado. sen esquecer a inclusión de numerosos elementos simbólicos e oníricos, que iluminan e condicionan a lectura de conxunto .un libro que, recorrendo a enfoques propios da ciencia-ficcion, propón, dun xeito apaixonado, unha reflexión sobre nós mesmos. sobre o presente da civilización na que vivimos e sobre o presente e o futuro de galicia como país diferenciado. o pracer de ler hase ver gratificado con este libro, que nos invita a facer unha fonda reflexión moral e política sobre as grandes cuestións que nos inquedan. un libro que non se pode perder.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes