Arredor do Lume (en Gallego)

Daniel Pino Vicente · Laiovento

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

Arredor do lume dá título a unha colección de relatos que, como apunta o propio subtítulo, só podían grelar nun tempo lonxano. Cada historia vai xurdindo así como abeirada pola anterior e ela mesma se debroca na seguinte, nun proceso facilitado tanto pola existencia do fío conductor do narrador-evocador, como pola permanente presenza, case animada, dese espacio máxico que se desenvolve cando a xente parola de vagar arredor do lume. Os contidos poden semellar intemporais: o amor, a morte, a fortuna, o malfado, a bondade, a ruindade... Nesta ocasión focalizados pola cultura, polos valores da ruralidade do noso país. A súa condición de atestado certeiro do rexistro coloquial é un dos seus maiores méritos. Nun momento no que tanto os usos como o léxico navegan á deriva por mor da limitación lingüística que hoxe asenta entre nós, da man dun uniformismo baleiro e de tanta expresión politicamente correcta, a lectura de Arredor do lume é un conforto. Gravado: J. Moreno Badía

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes