Cando os animais falaban: Cen historias daquel tempo (Infantil E Xuvenil - Edicións Singulares) (en Gallego)

Antonio Reigosa · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

cando os animais falaban é un tempo mítico en que se sitúan un grande número de contos populares, de sucesos fantásticos e marabillosos, sobre todo protagonizados por animais, coma os cen que se recollen neste volume preparado por xosé miranda e antonio reigosa. ese tempo mítico pérdese na noite dos tempos e lévanos a unha época remotísima, de aí que esta frase apareza como fórmula de entrada de contos e relatos, sobre todo dos contos de animais e dos contos marabillosos e de maxia, moi similar a outras ben coñecidas como “érase unha vez”, “desta era” ou “nos tempos de maricastaña”.o cento de contos que se recollen neste volume, cada un deles ilustrado fermosamente a toda cor por andrés meixide, están tirados todos eles da tradicón oral galega; todos eles refírense ós tempos primitivos, os tempos da creación, cando se decidiu que as cousas fosen como son, que o carrizo fose pequeno, que a silveira dese amoras e que a cobra non tivese patas. son contos populares que explican, a súa maneira, por que as cousas son dese xeito e non doutro.neste libro, singularmente fermoso, quedan explicadas a orixe e a causa de moitos fenómenos naturais e conductas humanas: ¿por que os corvos non son fachendosos?, ¿por que a andoriña é un paxaro que trae sorte?, ¿por que o moucho chama sempre polos bois?, ¿por que os paxaros fan niño?, ¿por que no inverno non se ve o cuco? ¿como se alimentan as follas das árbores? son algunhas das preguntas que se responden neste volume, cuestións que quedan explicadas dun xeito tan inxenuo e plástico como fermoso. un libro imprescindible para coñecer e gozar e rir cos nosos mitos fundacionais, que poden compararse cos de calquera outro pobo do mundo.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes