Charlie e o grande ascensor de cristal (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante)

Roald Dahl · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

nesta continuación de “charlie e a fábrica de chocolate”, charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección. de repente, por mor dun fallo técnico, as cousas comezan a ir mal: o aparello elévase máis e máis ata entrar na órbita terrestre. charlie e os seus acompañantes enfrontaranse a múltiples perigos e aventuras divertidísimas, mesmo chegando a ter que defenderse de viciosos monstros do espazo. “charlie e o grande ascensor de cristal” é a segunda entrega da serie protagonizada por charlie e o señor willy wonka, personaxes creados por roald dahl, un dos xenios da literatura infantil do século xx. o humor, unha narración tan eficaz como económica, e a tenrura para caracterizar unha grande tipoloxía de personaxes adultos e infantís singularizan esta serie considerada como unha das xoias da historia da literatura infantil de todos os tempos. traducida a múltiples linguas, a presente edición está ilustrada por quentin blake, o artista que colaborou con maior frecuencia con dahl.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes