círculo (en Gallego)

suso de toro · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

círculo é un libro continuo e pechado sobre si mesmo, como a serpe uroboros que se morde o rabo, e que encerra o mundo terríbel e marabilloso, múltiple e repetido. un libro coma unha burbulla, un vaso hermético que contén nun éter de melancolía as historias que forman o argumento da vida. tic-tac foi unha expresión de ansia e a anguria polo paso do tempo, a vida baixo o signo da desesperanza: círculo reflicte o transcorrer do tempo, a vida que acepta a existencia da morte dentro de si. círculo é tamén o retorno de nano, ese parvo lúcido que coa súa ollada melancólica e desconcertante ilumina ángulos escuros da existencia. con esta obra, suso de toro sorpréndenos unha vez máis, consegue outra volta de torca e vólvenos atrapar no seu mundo tecido cos fíos invisíbeis de emocións profundas e perturbadoras. para suso de toro “a forma de círculo é a dunha serpe que morde o rabo, a serpe uroboros dos alquimistas, o círculo. quixen, como en tic-tac, resumir a existencia, só que nunha visión distinta. alí quixen representar a vida como traxedia agónica, a vida cruel de dous modos, vivíndoa sen esperanza, desesperadamente. aquel era libro moi masculino en moitos sensos. aquí, pola contra, quixen que expresase outra visión da vida máis reconciliada e que xa veño intentando expresar nas últimas novelas, unha vida na que reina a morte e sen embargo non é desesperada. unha vida vivida desde o aceptamento da morte, sempre terríbel; o aceptamento do terríbel. e tamén, por así dicir, unha vida enteira e plena, e por iso me acollín a esa visión mítica que me dá a laquimia, “a gaya ciencia”, do mundo como un todo circular formado polos catro elementos: lume, aire, auga e terra. que xa vén da sabedoría presocrática. o que é certo é que establece unha relación con tic-tac e que quere expresar unha actitude e unha comprensión da vida distinta. e que está feito de soño e de afán de verdade”.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes