Donos de Seu: Loitas, Arelas e Froitos da Xente de mar do Porto do son (1580-1830) (en Gallego)

José Manuel Vázquez Lijó · Edicións Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

Arredor de 1580 comezou a longa loita da xente de mar do Son, daquela un porto con menos de medio cento de casas, fronte as autoridades municipais de Muros e de Noia pola defensa dos seus medios de subsistencia. Este colectivo logrou manter o dereito a redar cos aparellos que desde antigo viñan empregando para aproveitarse do «pasto común» da ría. A falta dun depósito de sal e de embarcacións de cabotaxe, e os atrancos postos polas autoridades xurisdiccionais ao comercio da súa produción pesqueira, explican a especialización dos sonenses na captura de pixotas e a consolidación dun nutrido grupo de arrieiros de peixe seco. No século XVIII os sonenses, agremiados e donos de seu, cun espazo vital e devocional (a capela de Atalaia) ben diferenciado do frecuentado polos labradores das aldeas de Noal, tamén foron quen de acadar da Coroa un alfolín e unha feira mensual que activou o comercio na localidade. Os xeiteiros e volanteiros do Son resistiron a expansión das xávegas, introducidas polos fomentadores, mentres na súa ribeira se localizou unha efémera empresa de curación de peixes para competir co bacallau estranxeiro.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes