eduardo jorge bosco

xesús alonso montero · ed. xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

eduardo jorge bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. suicidouse, nas augas do río da plata, o 30 de decembro de 1943. de 1939 a 1942 vive unha fonda paixón amorosa con josefa emilia sabor (pepita sabor), hoxe unha autoridade no seu país en bibliografía e disciplinas afíns. pepita sabor e bosco coñecéronse e tratáronse na facultade de letras de buenos aires, onde se namoraron. pepita, filla de pai galego nado en vilanova de arousa, chegara á arxentina con menos de dous anos. xa namoradas, bosco, poeta case secreto, escribe, en idioma galego, sete cancións entre o 7 e o 9 de agosto de 1939. a lingua galega aprendeuna nos libros: nos de rosalía de castro, a quen admiraba; en dúas importantes antoloxías, e nos poemas galegos de garcía lorca, escritor do que era devoto. non foi un exercicio literario máis ou menos retórico nun poeta tan responsable. sen ser galego o seu idioma, as sete cancións son un acto de entrega á paixón inspirada por pepita sabor. nesa lingua, a namorada balbucira, na ría de arousa, as súas primeiras palabras. ademais das sete cancións, bosco escribiu algúns outros versos dos que cómpre salientar un poemiña que lembra a un extraordinario poeta medieval noso, pero meogo. con este poemario, eduardo jorge bosco sitúase entre os mellores poetas alófonos de lingua galega, ese entrañable capítulo onde cantan fermosamente, entre outros, un catalán (carles riba), un andaluz (federico garcía lorca) e unha estadounidense ...

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes