Elipsis e outras sombras (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)

X. L. Méndez Ferrín · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

aparece en 1974 elipsis e outras sombras, libro ó que lle faltaba o seu conto señor e principal «elipsis», por motivos que o propio ferrín non podía explicar nos avisos a aquela primeira edición, e ós que si se refire claramente no aviso á segunda, de 1983: «esta edición inclúe o conto que dá título ao libro e que fora tachado con grosas aspas de lapis vermello na primeira edición». a censura actuaba no final do franquismo, xa un réxime en descomposición, coa mesma dureza que nas décadas anteriores.a edición completa, que hoxe presentamos revisada polo autor, constitúena oito relatos: «prólogo. impunidade» mais seis contos mais «epílogo. ditadura das cousas». o primeiro relato fainos ver a continuidade ideolóxica entre un usureiro vi1ego ignorante e reaccionario, e o seu fillo, señorito en santiago e madrid, que participará, realizándose plenamente como asasino fascista, nas matanzas posteriores ó levantamento militar de 1936. o último conto transmítenos a voz dunha muller burguesa que, mentres critica o exceso de atención á realidade por parte dos progresistas, pretende coñecer a verdade espiritual e non cesa un momento de aconsellar o consumo de miles productos, para finalmente declarar o seu enorme interés polo producto rei da sociedade que adora: o diñeiro.os seis relatos centrais, empezando por elipsis», son seis variacións sobre un mesmo tema: a loita de clases. clases que case sempre aparecen configuradas como castes, unhas mantedoras e outras sufridoras de sistemas de producción e maquinarias represivas que reducen ó ser humano á condición de animal inferior, atrapado en tradicións, en ritos, en labirintos deseñados dende o poder para perpetuarse. nesta dinámica de represión e resistencia, os oprimidos viven instalados na derrota coma unha condena perpetua. non obstante a vinganza e o triunfo, como en «elipsis», pode chegar algún día, no remate dun ciclo, para quen conserva o cerne da súa identidade intacto.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes