Festina Lente (en Gallego)

Marcos Calveiro · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

devagar, un carro baixa chirlando polo preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo santo oficio. estamos en compostela no ano do noso señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador ambrosio cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. as campás, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nas rúas e esparexe o capítulos todos da súa existencia. as páxinas de pergamiño, como faíscas, danzan sobre os tellados e os campanarios furtando á voraz desmemoria as lembranzas fuxidías, os acenos, mecos e rostros dunha vida. o coñecemento, como a pedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunha idade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia. festina lente é a primeira novela para público adulto de marcos s. calveiro, unha das maiores descubertas da narrativa galega recente. novela histórica, ambientada na compostela do século dezasete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propón ao lector unha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes