Guia das Plantas de Galicia (en Gallego)

García Xosé Ramón · Edicións Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

A "Guia das plantas de Galicia", do botanico Xose Ramon Garcia, e un instrumento imprescindible para o coñecemento basico da actual flora do noso pais. A partir dunha terminoloxia sinxela, permitenos a determinacion polo miudo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saidas ao campo ou nos paseos pola sua contorna. O libro comeza cunha introducion xeral que trata da recoleccion, preparacion e conservacion das plantas, nomenclatura botanica, posibilidades que ofrece Internet e xeoloxia de Galicia. Contemplase a normativa legal actualizada sobre proteccion dos habitats naturais e a listaxe de especies silvestres en rexime de proteccion especial de Galicia, que inclue o "Catalogo galego de especies ameazadas", asi como o "Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España". Ademais, en cada especie tratada indicase a categoria con que pode estar no devandito catalogo, asi como a posible consideracion de invasora pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Logo, aborda a obra as claves que permiten a determinacion ata o nivel de especie ou subespecie, para entrar nas fichas descritivas dos 1715 taxons (a maioria dos que en Galicia existen), indicandose o nome considerado correcto, sinonimos mais habituais, nomes populares en galego, castelan e ingles, descricion -con especial atencion as caracteristicas que teñen valor diferencial-, habitats mais habituais e fenoloxia da floracion. A "Guia das plantas de Galicia" conten, ademais, 1493 fotografias que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a sua identificacion, asi como outro tipo de iconas nos casos que se consideran oportunos. A obra remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados, unha bibliografia basica e un completo indice alfabetico.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes