historia da educación e da cultura en galicia (séculos iv-xx)

antón costa rico · ed. xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

esta impresionante obra do profesor antón costa rico analiza e valora o rico e múltiple pasado educativo e cultural de galicia desde a súa romanización e cristianización até o presente, á luz e no contexto da historia cultural e educativa europea. importantes personaxes, institucións educativas e culturais, iniciativas e obras intelectuais e literarias saen á luz nuns casos, ou son examinadas no cadro da sociedade galega e nos contextos hispano e europeo, cando é oportuno. unha obra que constitúe unha detida análise dos procesos educativos e culturais en galicia no tempo da historia antiga, durante a alta e baixa idade media, no renacemento, ao longo do antigo réxime e da ilustración, así como os dous últimos séculos da historia de galicia. a materia de estudo, as súas formas, os libros e os textos, as idades escolares, a biblioteca, as institucións, os intercambios dos galegos con europa e américa, o papel da igrexa católica entre nós, os conflitos culturais, a incoporación dos avances e das reformas científicas, isto é, unha visión poliédrica do que fomos desde o ángulo educativo e cultural; unha historia social do coñecemento en galicia, co trasfondo da historia cultural e educativa europea. prologada por xosé ramón barreiro fernández e por agustín escolano benito, a obra componse de dez capítulos, cun extraordinario acompañamento de notas críticas e de referencias bibliográficas, unha antoloxía de textos literarios e pedagóxicos acaídos e amplos índices analíticos, onomásticos, ...

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes