historia da filosofía. 2.º bacharelato

josé manuel domínguez prieto manuel rivas garcía · editorial mcgraw-hill

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

a recuperación da historia da filosofía para o bacharelato é unha ocasión para procurar que a mocidade adquira un espírito crítico. especialmente no momento actual, cando os grandes problemas se ocultan tras o anecdótico e o ético é desprazado polo cosmético e o dietético.esta materia proponse que os estudantes coñezan a formación das grandes ideas que impulsaron a nosa cultura, organicen a súa armazón intelectual e adquiran hábitos que lles permitan ter un pensamento propio. esta obra foi elaborada para facilitar a tarefa de transmitir os principais contidos conceptuais e poñer aos alumnos en contacto directo cos textos filosóficos. para isto, o libro conta con numerosas actividades que servirán para atraer a atención do alumnado e avaliar os coñecementos alcanzados.así mesmo, o libro serve como ferramenta para preparar a proba de acceso á universidade. esta é a misión do capítulo final, composto por unha serie de textos analizados segundo un esquema parecido, que pode servir de modelo para adestrarse na práctica do comentario crítico.con este libro, en fin, os autores fanlle unha invitación aos seus alumnos e alumnas: ¡sapere aude! atrévete a pensar por ti mesmo. atrévete a pensar por ti mesma.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes