Historias de Vigo (en Gallego)

Jorge Lamas · Edicións Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

«Historias de Vigo» pretende ser unha sinxela e amena guía para percorrer os espazos que o vertixinoso crecemento de Vigo foi deixando no esquecemento coma unha peaxe do progreso.Máis de douscentos mil anos de ocupación nesta beira do Atlántico dan para moitas historias que nalgúns casos teñen nomes e apelidos. Aínda así non son poucos os vigueses que descoñecen o seu pasado e as orixes dalgúns dos seus símbolos de identidade. «Historias de Vigo» pretende ser unha sinxela e amena guía para percorrer eses espazos que o vertixinoso crecemento desta cidade foi deixando no esquecemento coma unha peaxe do progreso. Nesta viaxe pola «viguesidade», o lector estará acompañado por voces expertas e tamén por protagonistas dos acontecementos que verán de axudalo a introducirse nos fitos, na simboloxía local e chegar a algúns dos persoeiros máis interesantes deste recuncho atlántico. É por iso que a narración non pretende ser académica, senón directa e co menor número de voltas posible. Moitos destes acontecementos axudan a comprender mellor a propia actualidade. Como pode acontecer dentro de moi pouco, os vigueses xa saben o que é ir a Madrid pola estrada de Santiago, ou eliminar horas de traxecto en tren indo por Portugal á capital de España. Aínda vai ser certo iso de que a historia sempre se repite!

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes