Intramundi (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)

Carlos G. Reigosa · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

o pobo de tras da corda emerxe en menos de cincuenta anos dende a idade media ata o século xx, entre as tensións da república, a brutalidade da guerra civil e a represión da dictadura. anxo xesto vislumbrou a miragre en 1928, cando concebiu unha estrada que puxera remate a tanto illamento e atraso. unha idea que non sería doado pór en marcha. tiña na súa contra ao poderoso cacique don nazario, que non admitía cambio ningún nos seus dominios, e ao mozo comunista aníbal coronas, teimudo con facer a revolución. só dolores teixeiro e outros veciños compartían o soño de anxo xesto.o enfrontamento entre todos estes pesonaxes e as súas concepcións do mundo constitúe o eixo argumental de intramundi, a nova novela de carlos g. reigosa, un fermoso mosaico de voces, ambicións e sentimentos. carlos g. reigosa desvela así unha parte do noso pasado, agochado nos pregues montañosos de tras da corda de irresistible atractivo pola cantidade dos seus tesouros.para alfredo bryce echenique:“intramundi é sen dúbida a novela de carlos gonzález reigosa en que máis profundidade alcanza a gran habilidade deste autor para trasladarnos constantemente máis aló dos feitos e palabras dos que é responsable un personaxe ó longo de toda a súa vida. chámense anxo xesto, o pragmático; saúl centeo, o idealista; dolores teixeiro, a sensual e paciente amante; xosé trabada, o eterno cura, ou don nazario, o poderoso cacique, os habitantes de tras da corda percorren durante catro décadas da españa republicana e franquista o desacougante camiño que os leva da luz ás tebras, da convicción á dúbida e da lóxica ó desatino. contradictorios, incoherentes, poboados por todos os seres que poden habitar nun mesmo ser, entrelazados fatalmente nas múltiples historias que compoñen esta novela, os personaxes de intramundi pertencen á saga dos grandes nomes da novela clásica, aqueles que o lector seguirá sempre con profunda inquietude desde o nacemento ata a desembocadura do río das súas vidas. e das nosas”

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes