¡mamasiña, Que Medo! (en Gallego)

Chus Pereiro · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, está doente. ¿Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón? ¿Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta? ¿Papará ós lectores desta obriña de teatro? ¡Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.A autora de ¡Mamasiña, que medo!, Chus Pereiro, mestra de educación primaria, fixo diversas adaptacións de obras teatrais para ser representadas por diversos obradoiros de teatro infantil. Co tempo animouse a escribir as súas propias historias, caracterizadas sempre polo humor e os numerosos protagonistas que as compoñen, dando pé así á posibilidade dun teatro infantil lúdico e participativo. ¡Mamasiña, que medo! é o seu primeiro libro dentro da colección Merlín.A ilustradora de ¡Mamasiña, que medo!, Cuchi Soto, estréase, tamén, dentro da colección Merlín. O seu primeiro libro ilustrado foi Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares, de Antón Cortizas, publicado por Xerais en 2001.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes