manuel lugrís freire. vida e obra

ramón nicolás rodríguez · ed. xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

manuel lugrís freire, vida e obra é un amplo e esclarecedor percorrido arredor da dimensión humana, biográfica, literaria e histórica da figura celebrada nas letras galegas 2006, coincidindo precisamente co centenario da rag, que el cofundou e presidiu. os primeiros capítulos afondan nas tres etapas da súa vida onde se desvelan, mercé a un intenso diálogo coa obra de lugrís e exhumando algúns textos descoñecidos, as claves dunha biografía marcada pola irredutible vontade de recuperar os nosos sinais de identidade. ademais, o volume (que aporta interesantes novidades) contén diversos apartados que percorren o seu lado máis humano a través da lembranza dos que foron os seus amigos; a relación, nalgúns casos amigable, que mantivo cos mestres do rexurdimento; as claves do seu pensamento político; unha análise da súa produción creativa e, finalmente, un capítulo centrado en subliñar a súa actitude como firme defensor da lingua galega. unha cronoloxía e unha boa bibliografía poñen o ramo a esta completa, esixente e rigorosa monografía elaborada polo profesor e crítico literario ramón nicolás.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes