Matádeo mañá (Edición Literaria - Crónica - Memorias)

Elixio Rodríguez · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional; a reconstrución do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a guerra civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a súa fuxida cara ao bando republicano, os xuízos sumarísimos que sufriu e o seu traballo como secretario da solidaridade antifeixista galega xunto con castelao. tamén é unha memoria lúcida do exilio galego en méxico, onde elixio rodríguez foi un dos promotores da emisión radiofónica a hora de galicia e do padroado da cultura galega e colaborador teimudo da revista vieiros que dirixían luís soto e carlos velo, «xérmolo e vangarda política dun anovado nacionalismo galego», en palabras do historiador elixio villaverde, autor do limiar destas memorias apaixonantes. este é un relato trepidante de feitos históricos, políticos, diplomáticos e bélicos, que constitúe unha grande achega á nosa memoria colectiva. esta segunda edición destas memorias, consideradas como un dos cumes do xénero autobiográfico en lingua galega, foi revisada e corrixida polo autor antes do seu pasamento, á que se lle engadiu un índice onomástico e un adral de aser álvarez.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes