Mondo e outras historias (Edición Literaria - Narrativa)

Le Clézio · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

en mondo e outras historias, protagonistas de nomes exóticos (mondo, lullaby, alia, daniel sindbad.), rapazas e rapaces que arelan experimentar toda caste de sensacións, descobren as súas propias fantasías grazas a viaxes que realizan a poder de imaxinación. suxeridoras viaxes que nos levan a barasali, dahlar kebir ou hazaran, onde a luz, a cor, o sol, rexen as súas vidas que precisan saír ó mar, botárense ó mundo á procura dos seus soños. son adolescentes, cos seus problemas, que procuran a natureza como elemento liberador. segundo os seus tradutores galegos, raquel villanueva e valentín arias, os textos de le clézio posúen un raro poder, o don poético de abolir as fronteiras, todas as fronteiras, as que separan ao home das cousas, as que separan as cousas entre si, e tamén as fronteiras do home dividido, separado en compartimentos estancos no seu propio existir. este escritor, tan nostálxico ás veces, representa a vida de hoxe, lamenta a destrución da natureza, a proliferación das cidades de cemento e a tiranía da civilización mecánica na que todos estamos inmersos. para concluír, a lectura fácil de le clézio preséntase baixo un modelo de ciencia-ficción na que a procesión de visións nos deixa un camiño aberto para unha filosofía-ficción.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes