Monte Louro (Edición Literaria - Narrativa)

Luís Rei Núñez · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da república. o fillo criase como un orfiño nun muros de posguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da súa estrea na mocidade. o destino tenlle reservada cita en barcelona cun nome falso, cunha amante que lle permitirá atisbar a plenitude e, de propina, cun crime que o condena a fuxir para sempre. provisto dunha nova identidade desembarcará daquela en bos aires, onde a experiencia da emigración se verá decontado premiada co éxito e cun grande amor. monte louro, o máis poderoso referente xeográfico da infancia, agrándase na memoria como resumo mítico do que no pasado non puido ser e talvez non será xa nunca. tamén andan ao axexo o complexo de culpa, o desequilibrio e, finalmente, unha baixada ós infernos na que parece que sairá triunfante o mal. terá que xurdir o empeño dunha filla cuxa existencia se ignoraba para que moitos anos despois volva semellar posible recompoñer o puzzle roto da vida. todo isto e moito máis contánolo rei núñez nunha novela, gañadora do premio blanco amor 2009, que o acredita como mestre do oficio de escribir, chamada a converterse nun clásico das letras galegas.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes