O Ano Que Os Pitos Perderon A Cabeza (en Gallego)

Pablo Albo, Mikel Mardones · Oqo Editora

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

Sempre Se Dixo Que, Se Na Noite De Defuntos Hai Lúa Chea, O Primeiro Raio Da Súa Luz, Alá Onde Caia, Devolveralles A Vida Aos Mortos. Unha Vez Pasou, E O Primeiro Que Iluminou A Lúa Foi A Leira De Millo Do Señor Evaristo. Bernaldo, Cando Ninguén O Vía, Deulles As Mazarocas Afectadas Aos Polos Que Ían Cara Ao Matadoiro. A Partir De Entón, Aconteceron Na Vila Cousas Moi Estrañas. Despois Do Solpor, Os Corpos Mortos Dos Pitos, Enteiros Ou En Anacos, Paseaban Tan Pimpantes Polas Rúas, Sementando O Temor, O Desconcerto E, Finalmente, A Vergoña Entre Os Veciños. Nin O Carniceiro Cos Seus Coitelos Nin O Cura Cos Seus Sermóns Deron Normalizado A Situación. Só Unha Foránea Moi Particular, Feiticeira Degaliñas, Foi Quen De Escorrentar Os Cadáveres Viventes, Nun Claro Paralelismo Co Frautista De Hamelin Que Desemboca Nun Final Sorprendente. O Humor É A Ferramenta Máis Útil Para Superar O Medo E Quitarlles Ferro Aos Temas Difíciles (Como A Morte). O Narrador Oral Pablo Albo Presenta Unha Disparatada E Surrealista Aventura De Zombis Protagonizada Pola Comunidade Avícola Dunha Vila Imaxinaria, Matamala, Que Forma Partedo Seu Repertorio Máis Celebrado Para Mozos E Adultos. Esta Historia, Delirantee Irreverente, Burla Toda Convención Sobre A Vida E O Máis Alá, Para Mergullarnos Nunha Gargallada De Inicio A Fin. Pola Súa Banda, Mikel Mardones Propón Un Orixinal Contrapunto Da Historia. Facendo Uso Dun Estilo Moi Definido, De Gran Forza Expresiva, Co Que Xa Nos Sorprendeu En A Figueira De Pelostortos E As Manoplas De Carapuchiña, O Artista Vasco Recrea Unha Galería De Personaxes Inquietantes E Disparatados. En Diálogo Aberto Co Texto, Mardones Concibe Unha Ambientación Turbadora, Cargada De Misterio E Retranca, Na Que Podemos Atopar Elementos Paratextuais, Fóra De Contexto, De Gran Comicidade. O Ano Que Os Pitos Perderon A Cabeza Convida, Pois, A Asumir O Reto De Perderse Nos Detalles E Descubrir Todas E Cada Unha Das Chiscadelas Coas Que O Ilustrador Agasalla Ao Lector En Cada Páxina

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes