O Armario Novo de Rubén (en Gallego)

Xabier P. Docampo · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

" O armario novo de Rubén" A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu." Dacabalo da vasoira" Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por riba das nubes, unha nena díxolle que para volver só tiña que ceiba-la man do rabo da vasoira." Xogando ás agachadas" Cinco irmáns xogaban ás agachadas e a un deles ocorréuselle meterse dentro dunha botella. Para saír tiña que agardar a estar máis fraco." Chegou un home moi grande" A Fordián chegou un home moi grande cun saco no lombo. Os nenos do lugar desecobren que leva no saco o azul do mar e o verde dos campos. O Brais, a quen todos trataban de parvo, foi o que recuperou o azul do mar e o verde do campo." Bolsas, milleiros de bolsas" A señora Remedios vai gardando tódalas bolsas de plástico que lle dan nas tendas. Un día o vento entrou na casa e levoulle tódalas bolsas emporcallando a cidade; de noite, cando amainou o vento, a señora Remedios foi recollendo as bolsas que puido.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes