O Bolero de Ravel

JosÉ Antonio Abad · Kalandraka Editora, S.L.

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

O Bolero é a obra máis famosa e interpretada de Maurice Ravel, a quen llo encargou a bailarina e mecenas rusa Ida Rubinstein, icona da belle époque. Considerado un exercicio depurado de virtuosismo orquestral, estreouse en París en 1928, na Ópera Garnier. José Antonio Abad traza, a partir desta melodía, un engaiolante relato que, como as notas dunha partitura, vai presentando os músicos -con cadanseus instrumentos- dunha orquestra moi especial. As sorprendentes ilustracións de Federico Delicado -cuxos protagonistas son animais humanizados pertencentes a especies en perigo de extinción- transpórtannos a un escenario urbano como asistentes de luxo a un concerto memorable que, ademais de música, tamén nos envolve con luz e colorido.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes