O derradeiro irmán (Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo)

Nathacha Appanah · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

cando david se lle aparece en soños, raj prende na memoria da súa infancia: os campos verdísimos da illa tropical onde naceu, o arrecendo e o sabor das froitas e das bágoas, o seu pai e a súa violencia tan previsible, a tenrura da súa nai, os dioivos destrutivos e aquel sol abrasador, os seus irmáns desaparecidos na enchente e a instalación da familia preto da cadea onde vivían uns misteriosos refuxiados. o 26 de decembro de 1940, o atlantic atraca en port-louis, con 1.500 xudeus a bordo, rexeitados de palestina e deportados á illa mauricio, entón colonia británica. daquela raj non sabía moito sobre o mundo, nin tampouco sobre as traxedias que estaban acontecendo. tiña dez anos. a curiosidade levouno xogar no bosque da cadea onde traballaba o seu pai e desde alí viu a david no patio da cadea. sabía que deberían ser amigos. unha novela conmovedora, que posúe a sonoridade dunha canción triste, onde cada frase pode chegar a emocionar. unha novela aclamada polos lectores en francia, onde obtivo os premios de novela fnac 2007, o dos lectores de l’express 2008 e o cultura e bibliotecas para todos 2008.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes