O Fulgor e as Tebras (Ensaio) (en Gallego)

Francisco Xavier Redondo Abal ·

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

As autoridades republicanas do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes entenderon ben cedo que só a socialización da lectura –até entón inexistente– permitiría asentar no Estado español un réxime democrático e de liberdades. E, en consecuencia, dedicaron inxentes esforzos á creación de bibliotecas que, por un lado, acabasen co secular desequilibrio entre campo e cidade, e por outro, posibilitasen a igualdade de oportunidades no acceso á lectura. E, xustamente, de bibliotecas trata este libro. De como se crearon e de como se destruíron, tomando como referencia o sucedido en Galiza. Unha cuestión que na nosa historiografía recente presenta un baleiro difícil de entender. Se exceptuamos escasos estudos sobre algunhas bibliotecas concretas e a súa evolución até 1936, moi pouco sabemos. Este trahallo tenta percorrer o labor fecundo que as autoridades republicanas realizaron no terreo bibliotecario, pero non só elas senón que dende comezos do século XX unha morea de agrupacións políticas, sindicais, ateneos e casinos recreativos instalaron nos seus locais bibliotecas abertas á poboación. E outro tanto fixeron as sociedades de instrución de alenmar coas súas escolas de emigrantes. O golpe de Estado de xullo de 1936 contra a legalidade republicana conseguiu rachar con todo isto: bibliotecas enteiras queimadas, roubadas, espoliadas, incautadas... perdidas para sempre en nome dunha Patria e dunha Relixión que entendían os libros como "material perigoso". As TEBRAS instaláronse nunha Galiza que comprobou como alí onde queiman libros, rematan queimando homes

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes