O heroe (Edición Literaria - Alternativas - Teatro)

Manuel Rivas · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

arturo piñeiro, alias caronte, ex lexionario, ex boxeador coñecido como robinson, atende a barra de la boîte de pandora, un bar portuario, onde se ofrece como atracción especial combates de boxeo e loita libre, que se abren e pechan cos fados que interpreta lucía, a súa dona. todo se axitará na penumbra do local coruñés coa presenza dos homes de sombra e coa chegada agardada de lanzarote, o loitador antifranquista e vendedor de máquinas de escribir que recita fermosos poemas de amor. caronte arras-tra o culto á pena de marte, a forza daqueles que gabeando a ras de chan tentan non perder o temón da súa vida, demostrando que a resistencia contra a morte e o tirano aparece nos lugares máis imprevistos, sendo protagonizada polos seres que viven nas abas da vida defendéndose coas verdades gardadas nos ósos das palabras. o heroe, a primeira peza teatral de manuel rivas, escrita con trazos de ironía e dureza, sitúanos nun presente recordado, entre un episodio histórico do franquismo e a contemporaneidade, para mergullarnos nunha subversión do concepto de heroe como culto ao guerreiro. esa falsa idea do valor que paira de novo sobre o noso tempo.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes