O Peixe Arcodavella (Tras os Montes) (en Gallego)

Marcus Pfister · Kalandraka

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

Lonxe, en mar aberto, vivía un peixe. Pero non era un peixe calquera. Era o peixe máis bonito de todo o océano. O seu vestido de escamas brillaba con todas as cores do arco da vella. Os demais peixes admiraban o seu relucente vestido de escamas multicolor… O escintileo das súas escamas iluminaba a auga ao seu paso e chamaba a atención dos demais peixes, que o admiraban e chamaban por el para xogaren xuntos, pero o peixe Arcodavella ignorábaos. Mais todo cambiou cando, con moito desaire, lle negou unha das súas escamas brillantes a un peixiño azul; dende entón, todos lle deron as costas e o peixe Arcodavella quedou só e triste.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes