O Señor dos Aneis Iii: O Regreso do Rei: 3 (Infantil e Xuvenil - Fóra de Xogo)

J.R.R. Tolkien · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

o señor dos aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra; o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. en o regreso do rei frodo e sam, na súa penosa viaxe á terra escura, reciben a axuda inesperada dun ser a quen coñecían só das lendas. a traizoeira criatura intenta acabar con eles para apoderarse do anel, sen conseguilo, anque frodo acaba en mans dos orcos, ferido. só a cobiza deses seres detestables os salvará e lles permitirá continuar a viaxe, tortuosa e esgotadora polo sinistro deserto de mordor cara a orodruin, a montaña de lume na que se forxou o anel e onde debe ser destruído.paralelamente, no antigo reino de gondor, rexido por mordomos que agardan a chegada do descendente do rei, desaparecido hai séculos, aragorn demostra que pode curar coas súas mans. este prodixio revela o seu sangue real e ábreselle o camiño ó trono de gondor, ó mando do cal consegue derrotar definitivamente ó señor escuro.publicada en 1955, o señor dos aneis, a máis complexa das obras de tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. j.r.r. tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. a través do universo fantástico descrito en o señor dos aneis, debedor da mitoloxía escandinava, tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. o seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o mundo.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes