O Trasno De Alqueidon (en Gallego)

Marilar Aleixandre · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

este libro está formado por tres contos: o trasno de alqueidón inés e diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. pero a inés e mais a diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man. neve na amaía utiliza a estructura acumulativa dos cantos tradicionais. berta é unha nena que vive na amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. un día que queda ela soa, as brasas apagánse e decide ir á casa do veciño, tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. a terra que soña está no castro de ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico. chave de ponte, chave de carballo minia é unha nena que vive en chave de ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de chave de carballo. ten un can chamad ruzo e un gato co nome de fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. pero un día non ocorre así. minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido por un mastín.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes