Orión e os animais magos (Infantil E Xuvenil - Sopa De Libros - De 8 Anos En Diante)

Joan Manuel Gisbert · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

orión nunca se separa do seu dono isidro, un músico ambulante que tocaba o acordeón na praza da torre do reloxo. orión era un can pequeneiro, de cor castaña clara e raza indefinida, un can de palleiro de mirada moi amigable. un día malfadado, cando isidro estaba tocando unha das súas pezas máis ledas, fallou unha nota e os seus brazos estricáronse de maneira extraña. o vello acordeonista quedou estomballado no chan e tivo que ser internado nun hospital. orión viuse obrigado a fuxir da cidade, cruzando por pasos subterráneos e pontes por riba das autovías, para non acabar encerrado na canceira. na fraga, atopará unha misteriosa caixa con gravados chineses nunha cova, e comprobará que os animais que alí viven senten tamén moita curiosidade por saber qué contén. ningún deles é quen de imaxinar as cousas tan abraiantes que empezarán a ocorrer na fraga.“orión e os animais magos” do catalán joán manuel gisbert é unha novela protagonizada por personaxes animais que falan con palabras humanas e protagonizan escenas intensas e emocionantes. como en obras anteriores de gisbert, nesta deliciosa novela van aparecendo aos poucos enigmas e misterios que se van dilucidando ao longo da historia; acontecementos que contarán coa presencia, en moitos momentos, do marabilloso e do inexplicable, máis en concreto, feitos relacionados coa maxia escénica e as artes do ilusionismo. fantasía e misterio mestúranse nunha obra, ilustrada de xeito realista por francisco solé, que con toda naturalidade e mediante unha linguaxe sinxela e precisa é quen de situar ao lector nun mundo onde os animais falan, maquinan e senten.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes