Para seguir bailando (Edición Literaria - Narrativa)

F. X. Fernández Naval · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

dez magníficos relatos constitúen este novo libro de francisco x. fernández naval, que abre con “noite de pallabarro”, a descuberta adolescente dunha realidade calada, silenciada, que alentaba e confundía un tempo sen memoria histórica; e que pecha con “para seguir bailando”, un relato que amosa a condición fantástica do cotián nun xogo de múltiples caras, coma o espello de rafael dieste, como o reflectir dos cristais do espello. entre medias, hai oito relatos que fixan os temas das obsesións persoais do autor: o abandono do medio rural, a inxustiza e a corrupción, o abuso exercido sobre a muller e o seu dereito a decidir sobre a súa vida e o seu corpo, o asombroso territorio da sombra ou a reflexión sobre a violencia. algúns conectan directamente con obras anteriores de naval pero, en definitiva, o que amosa este libro é a dimensión do ser humano que protagoniza unha existencia normal na que, ás veces, interfire o fantástico ou o azaroso, e sempre, por riba de calquera outra consideración, a certeza de que debemos seguir bailando neste xogo da vida que é, en definitiva, o máis firme valor que posuímos.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes