poesía galega completa x. m. álvarez blázquez

xosé maría álvarez blázquez · ed. xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

poesía galega completa recolle toda a obra poética en galego de xosé mª álvarez blázquez, tanto os seus cinco poemarios, poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán emilio; roseira do teu mencer (1950, xerais 1992, 2008), romance do pescador peleriño (1954); cancioneiro de monfero (s. xiii) (1953), e canle segredo (1954), como poemas inéditos da edición anterior de xerais de 1987 e outros moitos que até o de agora nunca saíron á luz, nunha coidadosa edición preparada por xavier rodríguez baixeras. membro da xeración de 1936, truncada pola guerra civil, a fonte máis auténtica e profunda da lírica de álvarez blázquez é a poesía popular. aínda que, como di baixeras no estudo introdutorio, o primeiro que cabe destacar da súa poesía é a diversidade, pois toda ela obedece a dúas actitudes moi diferentes; por unha banda, a adhesión a unha liña neopopular e de tradición imaxinista, e, por outra, á dunha expresión intimista e, finalmente, social. trátase dunha voz que non se limita a acomodarse nun mesmo tipo de poema, senón que procura sempre unha maneira nova.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes