Presenza galega en Cuba (Edición Literaria - Crónica - Memoria)

Xosé Neira Vilas · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

entre 1961 e 1992, xosé neira vilas viviu e traballou en cuba, dedicando máis de vinte anos a estudar a presenza diversa da nosa colectividade emigrante naquel fermoso país. achegouse aos obreiros e artesáns das cidades; aos carboeiros, aos campesiños e aos traballadores do azucre; aos mineiros do cobre e do manganeso; aos cultivadores de café das montañas orientais; aos pescadores de esponxas de batabanó e aos mariñeiros que arriscaban a vida perseguindo chernas, pargos e outras especies no golfo de méxico. soubo tamén das asociacións mutualistas, culturais e recreativas. soubo do noso himno e da bandeira e da academia, que naceron na habana. e da incorporación de moitos emigrantes ás loitas independentistas e ás loitas sociais; e dos homes e mulleres que se dedicaron á música, á pintura, á literatura... todo isto e máis pode atoparse nas páxinas do presente libro, escrito con moito amor e moito oficio.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes