Reconquista: Vigo en armas (Edición Literaria - Crónica - Memoria)

Eduardo Rolland · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

a vila de vigo vive unha época de prosperidade no amencer do século xix. a pesca, a salgadura e o comercio incipiente foron a base do crecemento do vello burgo pechado nas súas murallas, que agora conta xa con dez mil habitantes e se vai transformando na verdadeira cabeceira da bisbarra, en clara competencia con tui, a capital provincial. pero está a piques de vivir as máis terribles penalidades da guerra que, a comezos de 1809, vai entrar en galicia a sangue e lume. a plácida e próspera vila vai converterse en cidade. mais haberá de facelo con indicibles sufrimentos. reconquista: vigo en armas de eduardo rolland relata, baseándose en sólidas fontes documentais auténticas, en boa parte inéditas, os acontecementos vividos en vigo e galicia durante 1809, deixando que falen os feitos e os seus protagonistas. sen a intención de escribir nin odas nin haxiografías daqueles inimitables galegos, o autor retrata a vida de todos os heroes da reconquista, algúns deles pouco recoñecidos, como cachamuíña, o frade villageliú, o abade do couto, juan bautista almeida ou o misterioso villuendas, auténtico axente secreto que operaba intramuros durante a ocupación francesa. un feito histórico riquísimo en acontecementos que agora, coincidindo co bicentenario da fundación da cidade, se presenta de forma desmitificadora neste libro de investigación fundamental sobre a reconquista de vigo.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes