Settecento (Edición Literaria - Narrativa)

Marcos Calveiro · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

o badaleo de todos os campaniles de venecia resoa en canles e pazos da serenísima república unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de entroido. baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, antonio vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de santiago. é, no celme harmónico deste prodixioso instrumento e nas habelenciosas mans do seu intérprete, onde fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. quizabes distintas notas para unha melodía arreo repetida na partitura das nosas vidas. settecento é un intrigante e vertixinoso relato que confirma a marcos calveiro como un dos novelistas primeiros do noso tempo.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes