Tic Tac (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)

Suso De Toro · Xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

xa van dez anos dende que se publicara “tic-tac” por primeira vez, unha obra que o seu autor, suso de toro, definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos”perturbadora”, “patética” e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. a presente de xerais, é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásico contemporáneo da narrativa galega. un volume que inclúe, ao seu remate, o texto “autopsia. (epílogo á inglesa)”, preparado por antonio francisco pedrós-gascón, profesor de the ohio state university, que constitúe un lúcido e esclarecedor estudo sobre toda a obra narrativa de suso de toro e sobre a trascendencia de tic-tac na conformación do corpus narrativo galego contemporáneo.“tic-tac” é unh “grande puzle”, como o define x. gonzález gómez, formado polas narracións orais ou escritas de nano,ás que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como isidro, o seu irmán, ou supostos anacos de revistas, manuais (.) “tic-tac” é unha corrosiva obra moral que entra a dozura cómica e a acedume tráxica reclama o retorno á natureza, é o froito dunha conciencia descrida, unha conciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a “realidade”, senón unha “realidade”: a de nano, o peculiar personaxe principal e narrador da obra.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes