este libro está formado por dúas historias que desenvolven dúas aventuras dun mesmo personaxe. trátase dun robot programado para comunicarse só con persoas menores de once anos, fóra de fermín e sabela, os seus creadores. a primeira das historias, unha nena e mais un robot, conta a aventura de maría, unha nena pequena que un domingo pola mañá, ó saír á rúa, bate co robot nas escaleiras da porta da súa casa. o robot declara estar perdido e pídelle axuda á nena. a segunda historia, a viaxe do pequeno robot, sitúanos ó robot nunha estación do tren. á mesma chega brais, acompañado da súa avoa. brais e o robot inician unha nova amizade e fan xuntos a viaxe no tren.