xiganos e anantes (en Gallego)

manuel antonio mota de pina · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Chile

Reseña del libro

a partición das palabras xigantes e ananos en dúas metades e a posterior mestura cruzada, serve para dar comezo e título a este libro, que é un desatino do comezo á fin.ana, a protagonista, comeza definindo ou describindo os xiganos e anantes. posteriormente bate cun escaravello da pataca chamado bocaxe, que lle conta a súa vida, logo de que esta lle axudase a botar unha carta no correo, aínda que é tal o xeito do escaravello que ana pensa que non regula ben.logo, baixo o epígrafe de a revolución das letras , encóntranse catro fragmentos dedicados ás letras do alfabeto, onde as letras cuestionan a orde alfabética, se aparecen máis veces nas palabras as vocais ou as consoantes, a organización das cosoantes en sctrd, o secretariado das consoantes, e por fin, a revolución das letras, que non aceptaban a orde alfabética; e, despois, das letras, revolucionaranse as palabras, e despois os libros, e despois todo...volve o escaravello cunha versión sui generis da resurrección de lázaro. por último, a historia dun cativo que tiña un defecto de pronuncia: non era quen de dicho te ; e cambiaba o te polo que , o tepoloque . como a tódolos que teñen un defecto de pronuncia, entaramelábaselle a lingua; claro que, no caso deste rapaz, encaramelábaselle...

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes