Reseña del libro "Como unha novela (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)"
un libro traducido ós principais idiomas europeos, éxito seguro entre pedagogos e ensinantes, un punto de vista moi diferente sobre a delicada cuestión do rechazo xuvenil á literatura e en xeral a todo canto cheire de lonxe a cultura.
xa está dito que para aprender, ou ver ou ler , e moito fiáis fácil para a gran maioría é coñecer o mundo e as distintas formas de vivilo e interpretalo e mesmo de imaxinalo a través da literatura. a través dos libros, calquera clase de libros, sempre que sexan bos.
pero o gran problema para os rapaces de hoxe, unha vez superado o seu rechazo instintivo á lectura, é saber distinguir os libros de baixa calidade dos libros que conteñen obras de arte ou sabedoría.
fronte ós comecocos e videoxogos que o mercado lles ofrece cada vez fiáis sofisticados, fronte á idea -tamén moi divulgada en relación co consumismo- de que o intelectual é de vellos e ser vellos non é bo, fronte a idea de que ler é cousa de persoas pasivas e apalancadas, fronte a procedementos demasiado brutais ou demasiado rebuscados para conseguir que os rapaces lean, daniel pennac propón a liberdade, propón compartir aquilo que se disfruta, propón a experiencia persoal na literatura. menos análise, menos esquematización na aprendizaxe do que está feíto para ser disfrutado, menos obsesión por que lean a calquera prezo. a literatura, a boa literatura é intelixencia creativa. iso é o que se precisa para transmitirlle ós rapaces de hoxe a conveniencia de ler e conseguir crear, a través da boa literatura, un territorio persoal de vivencias insustituíbles.