Reseña del libro "Manancial (Edición Literaria - Narrativa) (en Gallego)"
a historia de manancial desenvólvese no ano 68, nun espacio propio e pechado, que podemos identificar como da américa profunda, que serve a manteiga para que os seus personaxes, todos eles moi primitivos e primarios, poidan desenvolverse con soltura e credibilidade. manancial é a historia dunha serie de asasinatos, de varias violacións, de consaguinidades e violencia. unha historia dunha fuxida cara a ningures, cara á aplicación da lei e da xustiza dos poderosos que non saben das razóns da violencia, da morte, da vida perdida, sen sentido. unha historia da estupidez humana, de seres sen horizonte e sen luz, que por mero instinto de supervivencia, reinciden no seu propio erro.
a trarna da novela artéllase ó redor da familia obrador, formada pola nai, ma, soa e tetrapléxica por mor dun seu home borracho, e os seus catro desgraciados fillos. unha familia que para supervivir necesita crear un mundo absolutamente pechado ó redor da nai, a matriarca e obsesiva cohesionante dos catro irmáns. lino, o maior, que fala máis do necesario pero que nunca ten nada que dicir; tomás, o protagonista da obra, que encarna o silencio e a violencia; flor, a fermosa flor murcha e nunca amada; e ho, o pequeno, oitomesino, subnormal e o única de todos eles que será capaz de conservar a vida.